Chus Pato



ESTE É O RETRATO DUNHA MULLER, morta, pintado

        polo seu fillo que seguramente a amaba
e esta, na que agora entras, a casa na que esta muller
        viviu.
Unha actriz, coa a voz de todos os escenarios do planeta
recita, para nós, fragmentos en prosa desta muller
que posibelmente habitou estes lugares
e a Rosa
a Rosa que depositaron encol do seu ataúde
a Rosa que despois  desenterraron

a Rosa pode ter dous ou tres mil anos
chegar a medir 150 metros de altura e trinta de diámetro.

Ela, a muller que habitou nesta casa, amaba este xardín
a árbore do amor, a sequoia vermella
e aquí, e desde aquí, noméanos, pronuncia o noso nome
a Rosa
vermella
incólume
inmortal
intacta.


María Jesús Pato Díaz (Orense, Galicia, España, 1955), conocida como Chus Pato. Docente y poeta. Premio de la Crítica de poesía gallega 2008.