Claudio Rodríguez Fer

Como un leopardo

Descenderon pola néboa en autobuses
con demasiado sonó para soños.
Penetraron no túnel sen desexos
aturando os seus muros desmusgados.
Discorreron en paralelo ao río
que termina como a vida no naufraxio.
De mulleres e cabalos desbocados
eu só sei para dicirvos música.
De paixón polo ritmo das cinturas
e libar tanta froita non mordida
ao danzar dos sorrisos como poldras.
Quen non está coa vida está coa morte.
Máis ala desta abulia todo é branco:
noite carbón e pube todo é branco.
Porque amar só se explica en desmesura.
O entusiasmo que nos chama e que nos chega
chove sobre os versos sobre a chuvia
vivindo por vivir como un leopardo.


Claudio Rodríguez Fer (Lugo, España, 1956). Catedrático de literatura en Galicia y profesor visitante en varias universidades de la ciudad de Nueva York y de la Alta Bretaña en Rennes. Poeta, narrador y ensayista. Premio Nacional de la Crítica 1981.